A escritora e mestra, Paula Merlán, visitou na xornada deste xoves aos alumnos e alumnas de Infantil do CPR Santiago Apóstol de Narón. Unha visita na que os máis pequenos poideron disfrutar dunha entretida sesión de contacontos, coñecendo aos diferentes protagonistas das súas historias infantís.
Moitos dos seus libros foron xa traducidos a máis de dez idiomas e Paula ten no seu haber dúas medallas de ouro nos Latino Book Awards (EUA). En 2018 conseguiu o primeiro premio polo libro Una sorpresa para Tortuga (NubeOcho, 2017) na categoría de Libro para nenos máis inspirador, e en 2020 obtivo mención especial polo libro La cometa de los sueños na categoría de Mellor libro educativo (Cuento de Luz, 2019).
O seu traballo tamén foi sido seleccionado pola OEPLI; A prestixiosa revista School Library Journal do Nova York seleccionou o seu libro El dedo en la nariz (NubeOcho 2018) como un dos mellores libros infantís de 2019.
Dende a dirección do colexio, Miguel Hermida, agradeceu a presencia de Paula Merlán no Santiago Apóstol e recordou que dende o centro tratan de fomentar a lectura entre os máis pequenos a través deste tipo de iniciativas, que os achegan ao máxico mundo da literatura infantil.