Pereiro de Aguiar sede do XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Atletismo- Clubs absolutos

Na categoría feminina, será o Atletismo Celta o rival a batir polo resto de equipos aspirantes entre os cales destacan o Ría Ferrol, Gimnástica e Ourense Atletismo.

Foto Federación Galega de Atletismo

Pereiro de Aguiar será sede durante esta fin de semana dunha das competicións máis emocionantes e dinámicas de todo o calendario federado. O  XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Clubs absolutos decidirá unha tempada máis, cal dos clubs galegos inscribe o seu nome neste selecto palmarés no que tan só cinco formacións foron quen de facelo.

Foto Federación Galega de Atletismo

A priori na categoría masculina a loita estará centrada un ano máis entre os pontevedreses da Gimnástica e os olívicos do Celta a quenes se lles podería engadir o Atletismo Santiago, Lucus Caixa Rural, Atletismo Narón e Ourense Atletismo na loita a priori por eses postos importantes da clasificación.

Para o Celta, que sae na defensa do título, representaría un enorme revulsivo un triunfo en Pereiro de Aguiar de cara ao seu segundo encontro de Liga. Para a Gimnástica, inmerso igualmente en lograr a permanencia en División de Honra, esta proba representa unha excelente oportunidade para acoplar aos seus novos fichaxes na alta competición.

Na categoría feminina, será o Atletismo Celta o rival a batir polo resto de equipos aspirantes entre os cales destacan o Ría Ferrol, Gimnástica e Ourense Atletismo.

As ferrolás contan co maior número de títulos (15) malia que o último data do ano 2019. Desde entón Celta e Gimnástica veñen mantendo un pulo por lograr a hexemonía galega do atletismo feminino nunha competición no que as célticas suman nove copas polas cinco da Gimnástica.

Especial atención ao Ourense Atletismo quen contra todo prognóstico se impuxo na última edición de Copa Indoor do pasado xaneiro e que aspira a repetir o resultado.

O encontro dará comezo este sábado 27 ás 10.30 horas nas pistas Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar rematando ás 19:45.

Foto Federación Galega de Atletismo
Foto Federación Galega de Atletismo

Lea también

O Parrulo Ferrol pone a la venta las entradas para el partido ante Jaén Paraíso Interior del domingo

Habrá precios diferentes en venta anticipada online respecto a la taquilla, además de la promoción …