Ares acolle a 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía

O Concello de Ares e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra promoven conxuntamente no andar superior da Casa da Xuventude unha nova mostra fotográfica dende este venres 26 de abril ás 18:00 horas, coa súa inauguración oficial.

A exposición, composta por máis de medio centenar de instantáneas dos membros da Asociación, aglutina diferentes tipoloxías de prácticas fotográficas, enfatizando o seu carácter multidisciplinar con fotografías de paisaxe e aves, nocturnas ou de arquitectura da comarca.

Dende mañá até finais do mes de maio, haberá a posibilidade de visitala de luns a venres pola mañá, de 9:30 a 14:30 h., mais tamén os mesmos venres de 16:00 a 20:00 h., os horarios propios da Casa da Xuventude municipal.

Lea también

El ciclo de Cine Sénior retoma en Ferrol su actividad tras el verano

Este miércoles día 2, se proyectará la película ‘Los Pitufos’ en el CC Carvalho Calero. …