O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”, de Fran Sieira Compañía de Danza, o sábado 27 ás 20:00 horas.

As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

“Ceibe” é unha peza de baile e música tradicional que ten unha duración aproximada dunha hora e cuxa temática afonda nos roles de xénero e a nosa tradición. A obra fai reflexionar sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normalidade e plantexar construír novas formas de entender o corpo e o movemento.

Oito bailadores, dirixidos por Sergio R. Suárez, forman o elenco deste espectáculo.

O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou deestudante (ata 25 anos).

Lea también

La muestra «Ferrol en imaxes» puede visitarse en la plaza de España en Ferrol

La concejala de Turismo, Maica García, ha inaugurado la exposición fotográfica Ferrol en imágenes, de …