Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, ambos incluídos.

As persoas interesadas en realizar o curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT” disponen aínda dalgunhas vacantes para poder inscribirse, de balde. A convocatoria realízase a través da plataforma Cemit, polo que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia, tal e como recordou o edil de Novas Tecnoloxías do concello de Narón , Román Romero.

Os módulos que se abordarán neste curso serán sobre: conceptos básicos da xestión de redes sociais; creación de contido social; abreviacións de enlaces; principiantes en redes sociais; comunicación social e xestión de redes sociais. As inscricións poden realizarse no enlace:

https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45493.

Poderán participar un máximo de 12 persoas, coas que se completa o aforo da Aula Cemit de Xuvia.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …