Cedeira impulsa excursións escolares á Capelada

O Concello de Cedeira quere promover as excursións de grupos escolares á Serra da Capelada, nun intento de que a xente nova coñeza de primeira man unha zona de alto valor paisaxístico e xeolóxico, núcleo do Xeoparque Cabo Ortegal que vén de ser recoñecido pola Unesco.

O goberno local impulsa o programa da man das empresas de turismo activo Orixen e Portal Norte, que artellaron un programa de actividades que combina xogo, deporte e cultura co fío condutor da “Búsqueda do sanandresiño”.

Os nenos poderán pasar unha xornada de actividades, adaptadas a cada grupo e idades, que se desenvolverá no parque de cordas do Campo de Armada e arredores. A cativada poderá gabear ás árbores e desplazarse entre elas coa axuda das cordas, estruturas de madeira e pontes colgantes que están instalados.

No programa da xornada tamén ten cabida o sendeirismo e a orientación, xa que aprenderán a utilizar unha brúxula e terán que buscar con ela as balizas agochadas pola zona, cada unha delas asociada, no xogo, a elementos destacados da paisaxe e o territorio, como son o mar, a propia serra da Capelada, o santuario de Santo André de Teixido…

No programa da xornada ten cabida tamén un achegamento aos valores xeolóxicos da zona, coñecendo algunhas das rochas máis características do Xeoparque e gozando das vistas dos acantilados máis altos de Europa.

A procura do “sanandresiño” guiará todo o xogo, co que tamén os participantes aprenderán sobre a cultura da zona e traballarán valores como a importancia dos hábitos saudables e do coidado da natureza.

Os colexios de calquera municipio que desexen organizar unha destas saídas poden poñerse en contacto co Concello de Cedeira para organizala enviando un mail a noel.lopez@cedeira.gal. A actividade un prezo bonificado pola administración local.

Lea también

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación. La cita tendrá lugar …