Boa actuación dos másters galegos no Campionato de España de 5K

Excelente balance para o atletismo máster galego que voltaba esta fin de semana cun total de doce medallas do Campionato de España de 5K disputado na localidade estremeña de Don Benito.

O máis salientable foi título logrado por Juan Antonio Gude del Lucus Caixa Rural na categoría de M50 o cal invertía un crono de 15:44 que representan a mellor marca dos campionatos. Seguindo con récords, a categoría F65 deparaba para os intereses galegos a medalla de ouro de Mari Carmen Rodríguez do SD Compostela cun rexistro de 23:33 ocupando a terceira posisión na mesma carreira  Begoña de Arriba do Egovarros con 29:46.

O plusmarquista mundial master dos 4×800 indoor Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol, sumaba outro metal ao seu palmarés, desta ocasión sería unha prata M65 na que marcaba 19:26. Mesmo metal o que acadaba outro dos nosos atletas importantes, Pablo Fervenza do Samertolameu na M70 cun rexistro de 21:23.

Os resto de medallas foron os bronces que viñeron da man dos atletas do S.D.Compostela María Soledad Aurora na F50; José Suárez na M60, Israel Ropero na M45 e Amador Pena na M40.

A maiores, tamén estaban en xogo os podios do campionato de España na modalide de equipos e na que o ADAS CUPA na categoría M40 formado por Juan Antonio GudeJuan Miguel Maillo,Israel Ropero e José Carlos Ferreira, lograban o campionato de España

S.D. Compostela Atletismo tamén tivo unha notable actuación no colectivo acadando os subcampinatos de España dos seus equipos F50 e M60.

Lea también

El Básquet Aurum Ferrol deja huella en Finlandia tras competir en el prestigioso Torneo OTB de Savonlinna

El Básquet Aurum Ferrol ha regresado de Finlandia tras completar una destacada participación en el …