O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, informou que a partir deste xoves 25, cambiará permanentemente o sentido de circulación en tres rúas do barrio da Solaina: Finca Federico, e tramos das rúas Lugo e Estación.
A medida responde, segundo apuntou o edil, á posta en marcha de melloras no servizo de recollida de residuos sólidos urbáns, pasando a instalarse os novos colectores na rúa da Estación, onde ata o momento, pola disposición da circulación, estaban os antigos.
No caso da rúa Finca Federico, pasará a ter sentido de baixada dende a avenida de Santa Icía cara á rúa Lugo (o tramo máis próximo ao colexio da Solaina), dende onde continuará a circulación en sentido subida pola rúa da Estación ata a avenida de Santa Icía.