Aberta a inscrición na primeira andaina deste ano en Narón do programa “Ponte en ruta con nós”

O Concello  de Narón mantén aberto, ata mañá  mércores 24 o prazo de inscrición na primeira das andainas programadas este ano no marco da iniciativa municipal “Ponte en ruta con nós. O edil de Deportes, Ibán Santalla, recordou que “Volta á ría” é a saída que se realizará este domingo, día 28, que consta de 14 quilómetros.

As persoas que acudan sairán ás 9:30 horas das inmediacións do pavillón polideportivo municipal da Gándara cara ao mosteiro do Couto e o paseo de Xuvia. Unha vez que cheguen ao magnolio centenario do citado paseo, retomarán o camiño de volta pola senda peonil e ciclista entre Xuvia e
Freixeiro, pasando pola igrexa do Lodairo e A Picota ata chegar de novo ao punto de partida, no polideportivo da Gándara.

As persoas interesadas en realizar esta andaina deben anotarse nas oficinas do Padroado de Deportes (Estrada da Gándara, 148), en horario de 8:30 a 13:00.

O prezo por persoa é de 5 euros e a asistencia está limitada a un máximo de 150 persoas, non autorizándose a participación de menores se non van acompañados do pai/nai ou titor/a. Para recibir máis información sobre este programa municipal pódese chamar ao número de teléfono 981 387 522.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …