Clausura en Ares dos obradoiros de Rural TIC

Despois de dúas semanas de actividade, unha centrada en ofertar formacións á veciñanza e a segunda ás pequenas empresas aresáns, o programa Rural TIC Ares pon o seu punto e final.

Realizouse a última das xornadas dos cursos para o tecido empresarial, clausurando oficialmente todos os módulos que se impartiron nos últimos dez días na Aula CeMIT da Casa da Xuventude municipal.

Para formalizar o peche, desprazouse até alí a concelleira de Comercio, Lucía Blanco, unha das dúas áreas do Concello comprometidas na posta en marcha da iniciativa xunto coa concellaría de TICs. Blanco agradeceu ó equipo docente de INECO a súa involucración nos obradoiros e a súa disposición á adaptarse ás necesidades de Ares.

O programa de Rural TIC, que se produce en colaboración co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, achegou un conxunto de cursos gratuítos ó municipio, todos enfocados na divulgación tecnolóxica e na reducción da brecha dixital.

Así, os veciños puideron resolver as súas dúbidas en cuestións coma a banca electrónica, o uso da carpeta cidadán ou mesmo como programar unha viaxe de ocio e tempo libre, namentres que o tecido empresarial afondou no seu posicionamento na Internet e a construción da súa páxina web para mellorar a interacción virtual cos seus clientes.

O obxectivo final: que os dous públicos gañasen autonomía na súa actividade cotiá.

A maiores destes cursos, o equipo docente responsable de Rural TIC tamén traballou coa mocidade aresá, analizando conxuntamente os riscos dun mal emprego das redes sociais e a importancia de coidar a pegada dixital que deixan.

Lea también

Escola Museo Vivo da Ramalleira de Valdoviño participa en Portugal en unas jornadas sobre recuperación de memoria escolar

El escritor Antón Cortizas, integrante del grupo de trabajo que impulsa la recuperación del centro …