As xogadoras do Real Club Deportivo Abanca, logran o ascenso á Liga F

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no pazo provincial ás xogadoras do Real Club Deportivo Abanca, que veñen de acadar o ascenso á Liga F, primeira división do fútbol feminino español.

Formoso felicitou a xogadoras, corpo técnico e directiva “por unha magnífica tempada, que remata co ansiado ascenso á máxima categoría”.

O presidente provincial sinalou que “o vivido onte no estadio de Riazor foi unha boa mostra de que os coruñeses e as coruñesas apoian ao fútbol feminino e que, sen dúbida, o Deportivo Abanca merece estar en primeira división”.

“Sodes un gran exemplo para todas as nenas da provincia, porque grazas ao voso esforzo e ilusión acadades grandes metas como esta”, engadiu o presidente provincial.

O equipo branquiazul vén de acadar o ascenso matemático a falta dunha xornada, despois da vitoria contra o Cacereño ante máis de 14.000 persoas, o que supuxo un récord de espectadores para un partido da segunda categoría.

Desta forma, o Deportivo Abanca volve á elite do fútbol feminino tres anos despois do descenso.

Lea también

El Valdetires Ferrol cierra este 2025 este sábado en Esteiro ante Ourense Ontime “B”

Última función de este 2025 para el Valdetires Ferrol y lo hará este sábado en …