Fene conmemora o Día do Libro con maxia para soñar

Cun “espectáculo sorprendente, para gozar en familia, no que o ilusionista Mago Marco proporá unha viaxe de soño e ilusións envoltas nun misterio”, festexará a biblioteca de Fene o Día do Libro, este martes 23 de abril, ás 18 horas (entrada libre e de balde até completar o aforo).

Trátase dunha función de maxia clásica adaptada aos nosos tempos, con aparicións e desaparicións, levitacións imposibles e maxia interactiva na que o público será o grande protagonista. Neste espectáculo, o Mago Marco recolle a maxia en forma de luces que saca das orellas e narices do espectadores e gárdaas nun saco.

O saco, ao encherse co seu peso, abre e entón aparece unha magnífica constelación de estrelas. Uns seres marabillosos que nos visitan, pombas máxicas, e que poden saír dun simple pano ou dunha folla de xornal.

Mesmo, ás veces, aparecen no medio dunha bola de lume.

Ademais, creará unha fermosa ilusión cun globo e fará levitar e voar unha mesa. E convidará a alguén do público a transformarse en mago ou maga para deleitar ás persoas asistentes con números cómicos. E xa ao remate, non faltará unha enorme treboada de neve.

Data: Martes 23 de abril
Lugar: salón de actos da Casa da Cultura-Biblioteca Municipal de Fene
Hora: 18.00 horas
Función dirixida a todos os públicos.

Organiza: concellería de Cultura do Concello de Fene coa colaboración da Xunta de Galicia (Ler conta moito).

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …