San Sadurniño organiza a primeiros de maio un curso sobre conservas vexetais

O curso terá lugar no local social de Lamas os días 4, 5 e 12 de maio en horario de mañá.

O Concello de San Sadurniño programa ao longo do ano múltiples actividades formativas relacionadas co desenvolvemento local, sobre todo as referidas á posta en valor de todo o potencial produtivo dun rural que sexa capaz de abastecer os mercados próximos tendo por bandeira a sostenibilidade social e ambiental.

A próxima que se vai organizar é un curso de conservas vexetais que terá lugar no local social de Lamas os días 4, 5 e 12 de maio en horario de mañá. Ofértanse 20 prazas e o período de preinscricións xa está aberto. O prezo son 40€.

Este curso impartirao a experta en agroecoloxía Cyntyia Arias, quen mostrará a teoría e a práctica de distintas técnicas que nos permitirán sacarlle maior partido á nosa horta, incluso fóra de temporada.

Arias forma parte do centro de transformación A Fusquenlla e falará durante os días 4, 5 e 12 de maio de 9:00 a 14:00h dos aspectos básicos da conservación de alimentos, da hixiene e dos pasos que se deben seguir nas elaboracións dependendo do tipo de produto que se queira preservar, ademais de facilitar apuntamentos e varias receitas. Mesmo comentará os múltiples beneficios para a saúde e curiosidades das conservas e encurtidos.

Trátase dunha acción formativa de 15 horas de duración aberta a maiores de 18 anos para a que hai 20 prazas dispoñibles, aínda que será necesario xuntar un mínimo de 10 persoas para levala a cabo.

Para participar, en primeiro lugar haberá que preinscribirse cubrindo esta ficha, que logo ten que mandarse ao correo agustin.perez@sansadurnino.gal ou rexistrala pola Sede Electrónica.

Unha vez que o Concello nos confirme a admisión deberemos pagar a matrícula ingresando 40€ na conta ES7420800208013110000059 co concepto «Curso conservas vexetais» e o nome da persoa que vai facer o curso. Logo teremos que enviar o xustificante do ingreso/transferencia ao mesmo enderezo ou rexistralo na Sede Electrónica.

Este luns finaliza o prazo de inscrición de postos na Feira da Plantación

En relación co medio rural, desde o Concello tamén se recorda que este luns 22 de abril remata o prazo de solicitude de espazos para a XXVII Feira da Plantación, que terá lugar no recinto da Cortiña o domingo 28.  As peticións poden presentarse no rexistro municipal (ata as 14:00h), na Sede Electrónica (ata as 24:00h) ou por correo postal (Concello de San Sadurniño, Lugar do Casal 16, 15560, San Sadurniño, A Coruña).

Os prezos de participación dependerán do número de metros liñais que se queiran reservar e as entidades sen fins de lucro poderán instalarse de balde, aínda que deberán presentar a solicitude igualmente.

Lea también

La Xunta destaca en Mañón la contribución del programa Leader para crear empleo en zonas rurales

La conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ha destacado la contribución del programa Leader …