Narón conmemora o Día Internacional do Libro cun “Pequeno obradoiro literario”

Os nenos interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal de Narón poderán anotarse a partir do vindeiro luns, día 22.

A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que a actividade, programada con motivo do Día Internacional do Libro, se levará a cabo o 24 de abril ás 18:00 horas nas citadas instalacións municipais.

Os menores convertiranse nos autores dun novo libro, construíndo unha narrativa única na que quedará plasmada a súa creatividade a partir dunha serie de cartas que representan accións, personaxes, lugares e obxectos que eles mesmos seleccionarán ao azar.

Os participantes farán uso da súa imaxinación para tecer unha historia cos elementos que indiquen as cartas, dende aventuras en terras lonxanas ata encontros máxicos en mundos descoñecidos, con múltiples posibilidades.

Finalmente, as historias compartiranse nas redes sociais da Biblioteca municipal de Narón. As nenas e nenos deben ter cumpridos os catro anos para poder participar e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes.

Dende o luns 22 poderán anotarse a partir das 16:00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono: 981 382 173.

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza un obradoiro de toque de pandeireta

A Xornada terá lugar este domingo 13 no Centro Cívico Social de Sedes e será …