A partires do lúns 22 pódese consultar no Concello de Narón o censo para as eleccións ao Parlamento Europeo

O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo convocadas para o vindeiro 9 de xuño permanecerá a exposición pública no Concello dende o vindeiro luns día 22 ata o 29 deste mes (ambos inclusive), tal e como indicou a concelleira de Estatística, Mar Gómez.

A consulta pode realizarse na oficina de Atención ao cidadán do Concello –na planta baixa, en horario de 8.30 a 13.30-, na Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estadística e na delegación provincial do INE, na Coruña (rúa Adelaida Muro, 12). Durante o periodo indicado poderán consultar os seus datos censais e, no caso de que non sean correctos, presentar reclamacións.

Así mesmo, habilitouse un teléfono de contacto do INE: 900 343 232 (de balde), podendo chamar de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas e tamén o número de fax: 981 206 235.

Lea también

Curso de Manexo de móbiles intelixentes en Narón dirixido a maiores de 60 anos

O Concello de Narón abriu o prazo de inscrición en Conéctate á era dixital, unha …