A terceira etapa de ‘Ultreia 2024. O Camiño Inglés a Santiago de Compostela’ arrinca o sábado 20 no municipio de Miño, de onde partirá un grupo de máis de 200 peregrinos formado por pacientes oncolóxicos, familiares e amigos, voluntarios e xunta directiva das delegacións de Ferrol da Asociación Española Contra o Cancro, e membros de Protección Civil. Xuntos percorrerán os 18 kilómetros que separan esta localidade de Betanzos, destino final do percorrido de mañá.
A mensaxe desta etapa: participación en cribados David Amor, humorista, actor e presentador de televisión, acompañará ós peregrinos nos 18 kilómetros que separan Miño de Betanzos, e durante o percorrido falará da importancia de realizar probas de detección precoz do cancro, xa que participar nos cribados salva vidas. De feito, entre o 30 e o 50% dos casos de candro poden ser evitados seguindo métodos de prevención como a participación nos programas de cribado.
Estos programas consisten na realización de probas diagnósticas a persoas en principio sanas –pero que se atopan nun grupo de risco- para detectar lesións precancerosas e así intentar mellorar o seu pronóstico. A través da participación neles amosáronse beneficios tanto na disminución do número de casos coma na mortalidade, principalmente no cancro de mama, colon e cérvix, para os que existen cribados poboacionais, organizados polo sistema de saúde público.
Programa da 3ª etapa- sábado 20 de abril:
9.00 horas: Chegada dos peregrinos a Miño
9.15 horas: Recepción de David Amor, personaxe convidado nesta etapa
9.30 horas: Saída da 3ª etapa: Miño – Betanzos (18 kms, dificultade alta).
10.50 horas: Descanso na Estrada da Praia.
14.40 horas: Chegada a Betanzos e comida na pista cuberta de O Carregal.
17.00 horas: Fin de etapa. Saída dos autobuses dende a Praza García Naveiras ao seu destino inicial.
Xuntos facemos Camiño contra o cancro
A iniciativa Ultreia 2 da Asociación Española Contra o Cancro é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria Ferrol- San Cibrao, a Armada Española, Protección Civil, Diputación da Coruña, Jefatura Provincial de Tráfico, Demarcación de Carreteras del Estado, Axencia Galega de Infraestructuras, Concello de Ferrol, Concello de Neda, Concello de Cabanas, Concello de Fene, Concello de Mesía, Concello de Narón, Concello de Pontedeume, Concello de Miño, Concello de Betanzos, Concello de Carral, Concello de Abegondo, Concello de Ordes e Concello de Santiago de Compostela.