Música e poesía na dobre presentación de Ricardo Seixo na AIC

A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC acolle este sábado 20 ás 19:00 horas a derradeira das súas xornadas poéticas de primavera.

Foto Ricardo Seixo – cedida

No acto vanse presentar os poemarios Pousos de Natureza e Outra volta de Rodicio, de Ricardo Seixo.

O autor exerceu de mestre 40 anos en diversos colexios ao tempo que desenvolveu unha completa traxectoria en diferentes grupos de música tradicional. Dotado dunha grande sensibilidade e dun sentido crítico para analizar o mundo que o rodea, atopou na creación poética o espazo axeitado para proxectar os seus sentimentos.

Na súa presentación en Caamouco Ricardo Seixo estará acompañado do colectivo de recitado “Gosto de vivir a poesía” que lerá algún dos seus textos. O acto rematará coa música do grupo “Maraxe”, do que el forma parte, que nos deleitará cunha serie de cantigas tradicionais galegas.

Festa da Horta

A presentación do libro enmárcase tamén dentro dos actos de conmemoración que organiza este ano a Agrupación Instrutiva. Unha programación que culminará este domingo coa Festa da Horta, que xa completou o número de prazas dispoñibles.

Na actividade participarán 25 nenos na compaña dos seus familiares. A cita arrancará ás 11:00 horas con diferentes obradoiros e xogos, así como uns petiscos e tempo de xogo libro como fin de festa.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …