Narón acolle o VI Festival de coros

A Sociedade Cultural Areosa, en colaboración co Padroado da Cultura organiza este sábado 20 o VI Festival de coros de Narón.

O encontro desenvolverase a partir das 17:30 horas no Auditorio Municipal de Narón (Praza de Galicia) e contará coa participación das seguintes agrupacións:

Coral Polifónica de Tapia de Casariego
Coral de Baredo, Baiona, Pontevedra
Coral Polifónica de Chantada, Lugo
Coral Areosa de Narón.

A entrada é de balde.

Lea también

El Concello de Narón acolle unha exposición contra o acoso escolar

A exposición contra o acoso escolar pódese ver durante este mes na planta de acceso …