Concello de Pontedeume e UCOA convocan unha nova edición do concurso Ponted´Pinchos

O Concello de Pontedeume e UCOA (Unión de Comerciantes e Autónomos de Pontedeume) convocan unha nova edición do concurso Ponted´Pinchos, onde os establecementos hostaleiros do municipio competirán por facerse co diploma ao mellor pincho.

Os locais participantes conformarán unha ruta de pinchos ao longo da vila. Poderán participar todos os establecementos hostaleiros de Pontedeume, como bares, cafeterías, restaurantes ou mesóns.

O prazo para que os establecementos hosteleiros se inscriban remata ás 14:00 do día 19 de abril. O certame celebrase os días 24, 25 e 26 de maio, en horario de 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 22:30.

A concelleira de Comercio, Alejandra Bellón Tenreiro, sinala que este certame «é unha ocasión perfecta para dar a coñecer a enorme calidade do produto local e promover o consumo nos establecementos da nosa vila».

A inscrición dos locais realizarase no enderezo de correo electrónico ucoapontedeume@gmail.com de xeito totalmente gratuíto para establecementos socios de UCOA. Os non socios deberán pagar unha cuota de 30€.

Ademais, entre os días 8 e 30 de abril, todos os establecementos inscritos deberán facer a foto oficial do pincho a presentar, achegándoo ao local de TaniArte Fotografía.

Lea también

Puesta en marcha en Ortigueira del I Certamen de Decoración de Navidad

El Concello de Ortigueira pone en marcha el primer Certamen de Decoración de Navidad, una …