Fene impete o taller «Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade»

O Concello de Fene, a través da concejalia de Benestar Social, mantén colaboración ca Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR, para a realización de actividades de interés social con mulleres con discapacidade do Concello de Fene.

ACADAR, é unha entidade sen ánimo de lucro que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara á súa plena integración e participación en tódolos ámbitos da sociedade.

Dentro do Programa ACTIVA-DAS, vaise desenvolver en Fene un taller denominado «Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade»

No taller vanse a traballar as seguintes temáticas: Comunicación, Habilidades sociais, Autocoñecemento e Autoconcepto

As datas nas que se vai a realizar este taller son os xoves 18 e 25 de abril, e xoves 2 e 9 de maio de 2024.O horario do taller será: de 10:00 a 13:00 horas

O lugar no que se vai a desenvolver esta actividade é a sala de Servizos Sociais do Concello de Fene, sita na avda. do Mar, bloque 1, baixo, 15500 Fene

As inscricións poden facerse ata a data de inicio nos seguintes teléfonos, Servizos Sociais de Fene, tlfn. 981 342 607
e ACADAR, tlfn. 607 221 600

Lea también

Escola Museo Vivo da Ramalleira de Valdoviño participa en Portugal en unas jornadas sobre recuperación de memoria escolar

El escritor Antón Cortizas, integrante del grupo de trabajo que impulsa la recuperación del centro …