Axenda en Narón do 27 de marzo ao 1 de abril de 2024

Mércores 27 de marzo de 2024

Actividade: “Quedamos?” Hora: de 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara)

O Concello organiza este programa, dirixido 12 a 16 anos, con propostas de balde e con zona gamer, espazo creativo e de xogos de mesa e recreativos. Nesta xornada haberá un Escape room.

Xoves 28 de marzo de 2024

Actividade: “I Bandeira de Bateis e XXV Trofeo de Bateis Cidade de Narón” Hora: 16:30 Lugar: Enseada da Gándara

Medio milleiro de deportistas procedentes de clubs de diferentes localidades galegas participarán neste evento deportivo, organizado polo Concello de Narón e o Club de Remo Narón e no que colabora a Federación Galega de Remo.

Sábado 30 de marzo de 2024

Actividade: Comida para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios Hora: A partir das 12:00 horas (comida ás 15:00) Lugar: Pavillón Campo da Serra (A Solaina)

O Concello colabora coa Selección Española de Carniceiros e Cedecarne neste evento solidario, no que haberá un showcooking da citada selección, música, actividades para nenas e nenos. Está prevista a asistencia dunhas 250 persoas.

Actividade: “Quedamos?” Hora: de 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara)

O Concello organiza este programa, dirixido 12 a 16 anos, con propostas de balde e con zona gamer, espazo creativo e de xogos de mesa e recreativos. Nesta xornada haberá un obradoiro de rotulación.

 Luns 1 de abril de 2024

Actividade: “Quedamos?” Hora: de 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara)

O Concello organiza este programa, dirixido 12 a 16 anos, con propostas de balde e con zona gamer, espazo creativo e de xogos de mesa e recreativos. Nesta xornada haberá un obradoiro afectivo sexual.

 

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …