O CIRS de Cervás de Ares, énchese polo Día Mundial do Teatro

Cunha radio xigante onde se poden ler nomes de lugares de todo o mundo, dende A Coruña até Montevideo, Bos Aires ou Nova York, e xogando constantemente coas cores sobre o escenario, Tarabela Creativa encheu o CIRS de Cervás, Ares, co seu espectáculo ‘Boa sorte, mala fama’ e preto de 100 persoas de asistentes.

A veciñanza de Ares gozou un ano máis do Día Mundial do Teatro 2024 achegándose a unha función que traballaba cunha materia prima moi singular: narracións orais da emigración galega, algunhas delas recompiladas dos propios aresáns que contaron as súas experiencias alén do mar. Un relato que debulla, en última instancia, un substrato fundamental da identidade galega.

Ao materializarse no marco do CIRS Cervás, tamén se fixo fincapé na historia local, pois a entidade local celebra o seu centenario e lembra, tamén, o seu claro vencello coa emigración.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …