O Concello pon en valor na súa Xuntanza de mulleres os 40 anos de traballo da Asociación de Amas de Casa de Neda

A primeira edición do encontro reúne nun xantar con música en directo a máis de oitenta veciñas.

Máis de 80 veciñas participan este sábado na primeira Xuntanza de Mulleres de Neda, organizado polo Concello. O evento, co que remata a programación municipal de actividades con motivo do 8M, serviu para pór en valor publicamente o traballo desenvolvido pola Asociación de amas de casa Neda, que vén de cumpría en febreiro corenta anos de vida.

Dúas das tres presidentas que tivo a entidade –Charo Doval e Fina Costa– recibían este sábado a placa conmemorativa coa que dende o Concello se agradecía e recoñecía, “en nome do pobo de Neda“, o traballo realizado pola asociación a prol das mulleres do municipio.

Dende o goberno local destacaron no acto o esforzo por “dignificar o traballo silencioso e nunca valorado das amas de casa”. Subliñaron ademais o papel fundamental da entidade, que actualmente conta cunhas 80 socias, no impulso da participación social das veciñas, a súa capacidade de adaptación aos tempos “sempre presente na vida do noso municipio” e tamén o seu apoio a causas  solidarias.
Concluída a homenaxe, as asistentes á primeira edición da xuntanza, que busca reivindicar a importancia de que as veciñas dispoñan de máis tempo propio para o lecer, desfrutaron no centro cívico do xantar e da música en directo de Jorge Latino.

A actividade pechaba a programación do “Mes da muller”, financiada cos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, que incluíu dende mindfullnes, a unha marcha pola igualdade, pasando por un contacontos e charlas nas escolas para acabar cos estereotipos de xénero.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …