Psoe Ferrol solicita que o estadio de fútbol da Malata leve o nome de Isidro Silveira

O Partido Socialista de Ferrol presenta unha moción na que expresa o seguinte «O Racing Club de Ferrol é parte fundamental da historia deportiva e social da nosa cidade, e son moitas as familias enteiras que se teñen volcado neste clube ao longo dos seus 105 anos que cumpre en outubro de 2024». «Pero se existe unha familia que nas últimas décadas o seu todo polo clube ferrolán, é sen dúbida a familia Silveira e, de forma especialmente destacada, o empresario Isidro Silveira Cameselle».

«Finado en decembro de 2016, Silveira foi clave para o rexurdir do Racing na década dos 90 e dos primeiros anos do século XXI, sendo o principal artífice da recuperación económica do clube, investindo o seu propio patrimonio para iso, e a súa chegada ao clube supuxo un punto de inflexión para o mesmo, acadando notables éxitos deportivos e sociales e económicos -foi clave na transformación da entidade en sociedade anónima».

«Isidro Silveira foi presidente do Racing Club de Ferrol durante dúas décadas, entre 1996 e o seu falecemento, en 2016 e, durante estes vinte anos, o clube foi quen de ascender a Segunda División, en xuño do ano 2000, volver a facelo despois do descenso en 2004 e, finalmente, retomar á división de plata en 2007».

«Pero, sobre todo, Isidro Silveira Cameselle foi un home moi querido e respectado dentro do clube, e tamén fóra. Por iso, este grupo municipal socialista, como xa se fixera sen éxito durante o mandato do socialista Vicente Irisarri, en marzo de 2023, coincidindo cos 30 anos de demolición do antiguo estadio Manuel Rivera, presentou a proposta de darlle o nome de Isidro Silveira ao campo de fútbol da Malata».

«Entendía este grupo que era a mellor forma de rendir homenaxe a unha figura deste histórico clube e que era o momento axeitado, cun equipo, entón, a piques de acadar, de novo, o ascenso a Segunda División e cun aparente consenso entre todas as partes implicadas, incluida a familia do propio Silveira».

«Finalmente, ese consenso non foi posible de concretar antes das eleccións do 28M por parte dos grupos políticos, polo que agora, pasados uns meses dende os comicios, e dado que se trata dun compromiso adquirido polo grupo municipal socialista xa en 2023, traemos de novo a este Pleno para solicitar que esta petición, por fin, poida chegar a bo termo».

Por todo o exposto anteriormente, o GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOLICITA

1.- «Instar ao pleno da corporación a outorgar ao estadio municipal de fútbol da Malata o nome de “Isidro Silveira Cameselle”»

2.- «Organizar un programa de actos conmemorativos e de homenaxe a Isidro Silveira coincidindo coa colocación da placa co novo nome do estadio de fútbol».

Lea también

La AVV A Magdalena celebró el «Día de la Música» con Pregón y destacadas actuaciones de «Añoranzas» y Coro Rociero

De auténtico y destacado espectáculo se puede calificar el ofrecido en la tarde de este …