Axenda en Narón do 22 ao 24 de marzo

Venres 22 de marzo de 2024

Actividade: “XXXV Campionato Galego Absoluto de Tenis de Mesa” Hora: De 9:00 a 19:00 Lugar: Pavillón Campo da Serra

O Concello e tradutora literaria Blanca Rodríguez, o seu libro “Poesía para el camino”. Esta veciña de Narón, tamén tradutora e correctora de textos, describe a peza como a folla de ruta dun traxecto que aínda non rematou. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala e ao remate do acto poderanse adquirir exemplares da obra.

Actividade: Proxección-coloquio “Todas as mulleres que coñezo” Hora: 18:00 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

O Concello pecha a programación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con esta proxección dun filme de Xiana do Teixeiro e un coloquio posterior, aberto á participación das persoas asistentes.

Actividade: “O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada” Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura

O Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular inclúe esta peza, da compañía galega Butacazero e protagonizada por Esther F. Carrodeguas. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 23 de marzo de 2024

Actividade: “XXXV Campionato Galego Absoluto de Tenis de Mesa” Hora: De 9:00 a 19:00 Lugar: Pavillón Campo da Serra

O Concello organiza este campionato en colaboración co Club Tenis de Mesa Narón e a Federación Galega de Tenis de Mesa. Xogarán equipos procedentes da Coruña, Vilagarcía, Pontevedra, Finisterre… 

Actividade: “Campionatos Galegos de Voleibol” Hora: De 9:00 a 21:00 Lugar: Pavillón municipal da Gándara e pavillón do colexio da Solaina

O Concello e o Club Narón Volea organizan este evento, que se disputará nas categorías prebenxamín, benxamín e inclúe a Copa Alevín. Trátase da terceira fase puntuable para o Campionato Galego prebenxamín e benxamín.

Actividade: “Nubes, tormentas e arcos da vella” Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal do Alto

O Concello impulsa este obradoiro para pequenos/as meteorólogos, co fin de que os menores a partir de 4 anos coñezan cales son os fenómenos meteorolóxicos máis comúns e cales son as consecuencias do cambio climático e que facer para frealo. A actividade require inscrición previa.

Actividade: “Don Ramón María del Valle Inclán” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

O Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular inclúe esta obra, a cargo da compañía madrileña Bravo Teatro e protagonizada por Pedro Casablanc e Mario Molina. As entradas dispoñibles poden adquirirse no
despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. 

Domingo 24 de marzo de 2024

Actividade: “XXXV Campionato Galego Absoluto de Tenis de Mesa” Hora: De 9:00 a 19:00 Lugar: Pavillón Campo da Serra

O Concello organiza este campionato en colaboración co Club Tenis de Mesa Narón e a Federación Galega de Tenis de Mesa. Xogarán equipos procedentes da Coruña, Vilagarcía, Pontevedra, Finisterre…

Actividade: “Historia dunha nena namorada do mar” Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura (Café Teatro)

O Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, na súa versión para público familiar e infantil, remata con esta obra, a cargo da compañía galega O Sol de outono. Diríxese a menores a partir de 3 anos e está protagonizada pola actriz Soraya Lema. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Contacontos no CPR Santiago Apóstol de Narón

A escritora e mestra, Paula Merlán, visitou na xornada deste xoves aos alumnos e alumnas …