Fene conclúe os traballos de mellora na rúa do Campanario

O Concello de Fene concluíu os traballos de incremento da sección de paso e a mellora na drenaxe na rúa do Campanario, na parroquia de Limodre. Unhas actuacións que afectaron a 300 metros da pista que une a entidade de poboación do Campanario coa estrada provincial DP-3501.

Entre os traballos realizados destacan as labores de pavimentación nunha superficie de 95 metros cadrados, así como a instalación de 359 metros de tubaxe PEAD de saneamento e 22 sumidoiros en arquetas. Tamén foi mellorada a sinalización viaria co pintado en ambos lados do camiño.

O concelleiro de obras, Manuel Polo, valorou positivamente estes traballos que veñen a atender “unha necesidade detectada desde hai tempo neste camiño”, e amosou o compromiso da súa área para “seguir a buscar financiamento a través de diferentes plans para avanzar nos traballos de mellora dos camiños municipais de todas as parroquias”.

As actuacións realizadas supuxeron un investimento de 45.501,98 €, con cargo ao Plan marco de mellora dos camiños municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Plan estratéxico da PAC.

Lea también

En una salida de vía en As Pontes, por «esquivar a un jabalí», tuvieron que ser liberados dos ocupantes

Dos personas fueron liberadas por los Bomberos do Eume  después de sufrir una salida de …