A Biblioteca Municipal de As Pontes convoca o II concurso de deseño de marcapáxinas

O Concello de As Pontes, a través da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco convoca a segunda edición do concurso de deseño de marcapáxinas para celebrar o Día do Libro que se conmemora o próximo 23 de abril.

Baixo a lema “DESCUBRINDO AS ESTRELAS” e con motivo de que o cometa 12P/Pons-Brooks poderá ser visible desde a terra en abril, as persoas participantes terán que amosar no seus deseños os seus coñecementos sobre a astronomía, sobre os planetas, os satélites, as perseidas, os cometas, as estrelas…

Establécense cinco categorías segundo nivel educativo, distinguindo unha categoría infantil (de 0 a 5 anos), unha categoría para alumnado de primaria inicial (de 6 a 8 anos), outra para o alumando de primaria media (de 8 a 10 anos), outra para primaria superior (de 10 a 12 anos) así como unha categoría para educación especial.

As crianzas que queiran participar neste deberán presentar obras orixinais, inéditas, libres de dereitos de autor e non premiadas noutros concursos, sobre o mundo da astronomía (unha única obra por persoa participante) empregando como soporte o modelo que a disposición das persoas interesadas nas instalacións da Biblioteca Municipal e na páxina web do Concello.

As obras deberán entregarse, ata o 19 de abril, nun sobre pechado, indicando no mesmo “II Concurso de Marcapáxinas da Biblioteca Municipal”, a categoría na que se participa e unha folla cos datos persoais da persoa autora (nome, apelidos, idade e teléfono).

Un xurado, composto por persoal da Biblioteca do Concello de As Pontes, así como unha persoa profesional do deseño gráfico, seleccionarán o traballo gañador de cada categoría atendendo a criterios de calidade, creatividade e orixinalidade das obras.

O fallo darase a coñecer o 23 de abril e os premios consistirán en lotes de libros e artigos de papelería.

Ademais do correspondente premio, os marcapáxinas gañadores en cada categoría serán impresos, e regalaranse durante todo o ano aos usuarios da Biblioteca Municipal de As Pontes.

Todas as obras e os nomes dos seus autores serán expostas na Biblioteca Municipal de As Pontes a partir do 23 de abril de 2024.

Lea también

Neda activa la merienda de Navidad de la tercera edad

El Ayuntamiento de Neda inicia los preparativos para su programación especial de Navidad. Desde el …