Case 400 persoas están xa inscritas na campaña “Ti tes a chave”, impulsada dende o Concello de Narón para o uso do contenedor marrón, no que se depositan os biorresiduos.
A carpa da campaña informativa, iniciada hai varios meses, estará operativa de novo a vindeira semana, o luns 18, na avenida Cataluña en horario de 10:30 a 13:30 e pola tarde nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, de 15:30 a 18:30 horas.
Neste tempo, as persoas que estarán na carpa informando á cidadanía sobre a quinta fracción, contenedor marrón, entregarán tamén os kits de benvida, consistentes nun cubo, bolsas e a chave electrónica para abrir o contenedor para os 500 primeiros inscritos, ás persoas que desexen participar na campaña.
O concelleiro de Servizos, Manuel Ramos, explicou que preto de 200 xa pasaron a recoller o kit de benvida e a chave electrónica. Na xornada do luns 25 deste mes a acción levarase a cabo no novo centro de saúde, dende as 10:30 ata as 13:30, e pola tarde no parque de Freixeiro, de 15:30 a 18:30 horas.
“É fundamental a colaboración cidadá para poder implantar con éxito o contenedor marrón, polo que dende o Concello animamos aos veciños interesados en participar na campaña a acudir a estes puntos informativos para solventar posibles dúbidas e inscribirse no caso de consideralo oportuno”, apuntou o edil naronés.
As persoas que desexen participar nesta campaña poden inscribirse tamén na mesma a través dun formulario ao que acceder a través da dirección: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf8mEIf1eWInT4EmbXdfUJZkcYZZYH440Cr3Pu_XAyrsoatlw/viewform?pli=1
Así mesmo, a información correspondente a esta campaña e a ubicación dos contenedores, pódese consultar a través da web municipal, no enlace: https://naron.gal/web/cat/gal/materia-organica
Para obter máis información sobre a campaña e os seus requisitos pódese chamar ao número de teléfono 981 397 007 en horario de 10:00 a 14:00 ou escribir un correo electrónico á dirección: servizosbasicos@naron.gal