Xornadas participativas para definir a I edición de ‘Pontedeume, Vila do Libro’.

O Concello de Pontedeume será este sábado 16 o escenario dunhas xornadas participativas para definir e concretar como será a primeira edición de ‘Pontedeume, Vila do Libro’.

A Vila do Libro das Ramblas, que se celebra en Barcelona, apadriñou no ano 2022 a Pontedeume como a primeira vila do libro galega. Pontedeume converterase así no primeiro municipio galego que se adhira a este circuíto literario, que busca reivindicar a literatura e a historia dos oficios do libro arredor dun completo programa cultural e de lecer.

Para definir cando e como será o evento, os responsables da Vila del Llibre y la Xarxa, un circuíto consolidado desde hai 15 anos en Cataluña, desprazaranse a Pontedeume para falar co tecido cultural e asociativo eumés, as editoriais, centro educativos e agrupacións culturais, entre outros colectivos.

A iniciativa ‘Vila do libro’ propón un programa de actividades nos que, durante unha fin de semana, locais das vilas e aqueles espazos que teñan algún tipo de importancia histórica empréganse como librarías ou sedes de eventos culturais. Entre os actos inclúense manifestacións artísticas e literarias de distintas temáticas, implicado ademais ao comercio local e a outros sectores produtivos e sociais

“A propia organización do circuíto propúxolle a Pontedeume ser sede deste evento, pola boa acollida na vila doutros eventos similares, como o noso Feirón Medieval, e pola traxectoria de creación literaria que tamén garda a nosa vila”, explica Alejandra Bellón, concelleira de Cultura de Pontedeume.

Polo tanto, “para Pontedeume supón un orgullo ser pioneira neste evento en Galicia, que combina cultura, educación, arte e comercio local”, engade a concelleira.

O domingo, a partir da experiencia da xornada do sábado e co Concello de Pontedeume liderando o proceso como Vila do Libro pionera en Galicia, celebrarase outra reunión de traballo para falar do proxecto de creación da Rede Vilas do Libro nos concellos do Camiño Inglés.

Lea también

La AVV A Magdalena celebró el «Día de la Música» con Pregón y destacadas actuaciones de «Añoranzas» y Coro Rociero

De auténtico y destacado espectáculo se puede calificar el ofrecido en la tarde de este …