Cedeira proxecta a mellora e integración paisaxística dos espacios axardinados do Palacete

O goberno local de Cedeira proxecta unha actuación nos espazos axardinados do Palacete, o inmoble municipal que alberga a Oficina de Turismo e a exposición permanente da Colección Rafael Usero, para a súa mellora e integración paisaxística.

O Concello está a tramitar as axudas do Fondo de Compensación Ambiental para abordar esta actuación, orzamentada en 44.994,72€, e tamén a compra de 30 novas papeleiras que se instalarán na mesma zona cun custo de 2.178€. A mesma convocatoria servirá para a contratación de cinco peóns e un técnico de Medio Ambiente durante tres meses.

As zonas verdes que están no recinto do Palacete suman unha superficie de 927 metros cadrados. A actuación vai substituír as actuáis plantas, en mal estado, por novos arbustos e árbores.

Previamente vaise preparar o terreo para instalar un sistema de rego e tepe, así como unha malla antiherbas e corteza de piñeiro que facilitarán o mantemento destes espazos. Instalarase tamén un bordillo de adoquín de cemento separando o linde entre os macizos e o céspede. Na mesma actuación incluirase a devandita compra e instalación de 30 papeleiras.

O Fondo de Compensación Ambiental, que convoca a Xunta cada ano para actuacións de investimento e xeradoras de emprego ligadas ao coidado do espazo natural, será empregado pola administración local de Cedeira para a rexeneración deste espazo verde, na contorna da Oficina de Turismo, e para a contratación de seis peroas durante tres meses, cinco peóns e un técnico de Medio Ambiente.

O investimento ten un orzamento de 47.172,72€ e os custos laboráis suman 41.484,6€.

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …