Unha unidade móbil de ADOS desplázase a Narón

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro martes día 19 e o mércores 20 na cidade de Narón.

O vehículo ubicarase nas inmediacións do novo centro de saúde. Na xornada do martes a unidade permanecerá operativa en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas, se ben o mércores, a maiores dese mesmo horario de tarde estará tamén operativa pola mañá, dende as 9:30 ata as 14:30 horas.

Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

As persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …