A Selección Galega de Trail Running estrea medalleiro con dous podios

Excelentes resultados deportivos da Selección Galega de Trail Running no Campionato de España desenvolto esta fin de semana en Murcia.

Foto FGA. Selección Galega
Foto FGA. Selección Galega

A selección galega lograba dúas magníficas medallas nun campionato no que tan só leva tomando parte nas tres últimas edicións, o que pon de manifesto o medre experimentado por esta modalidade nos últimos anos no noso atletismo.

Dous bronces

Foto FGA. Sandra González

A nivel de resultados, a primeira das medallas chegaba da man de Sandra González ao lograr o terceiro posto individual na categoría de promoción o que representa a primeira medalla para o atletismo galego na súa historia neste campionato. Por equipos e a nivel de selección, a propia Sandra González, Julia Salvado, Sabela Tuñas e Eva Formoso, lograban o sétimo posto da clasificación.

Foto FGA. Selección masculina Sub23

Con posterioridade lográbase un novo metal para os intereses galegos da man da Selección masculina Sub23 quen liderada por uns excelentes Hugo García e Martín Barreiro, sétimo e noveno respectivamente, lograban por equipos o terceiro posto só por detrás das comunidades de Madrid e Valencia. Xunto eles, tamén formidable competición de Pablo Fernández que entraba como terceiro galego no trixésimo primeiro poso da clasificación xeral.

No resto de actuacións destacar o cuarto posto de Eloy Martínez na categoría Sub20 no que Galicia por seleccións remataba en postos de finalista.

Excelentes actuación no Campionato de España máster

A maiores tamén se estivo disputando o Campionato de España Máster de TR con excelentes resultados  que se traduciron en dúas medallas e catro podtos de finalistas.

Adolfo Garrido do Ourense At. cun tempo de 2h.18:57 lograba a medalla de bronce sobre a categoría M55 cedendo só ante os atletas de Valencia e Asturias. Pola súa banda mesmo metal na categoría F40 para Rebeca Mariño do SD Barbantia Roda quen remataba cun rexistro de 2h.18:49

A destacar tamén os postos de finalistas Martín Fontán do At. Porriño na M35; ; Beatríz Barroso do At.Noia na F45; Fico Losada de CD Biosbardo na M45 e José Manuel González da SD Barbantia na M55.

Campionato de España Sub20

Un total de nove postos de finalistas foi o balance da actuación Galega no Campionato de España Indoor celebrado esta fin de semana en Salamanca.

Fernando Vallines en peso con 16.11 m., Sara Guedes da Atlética Lucense nos 1.500 m. con 4:42.99 e Pilar Rojo do Riazor Coruña sobre os 3.000 m. con 10:41.09 lograban os mellores resultados dos atletas galegos ao rematar no cuarto posto das súas probas.

Ocuparon de igual modo postos de finalistas Diego Álvarez do Riazor Coruña nos 800 m., Miguel Alvariño do Lucus nos 3.000 m.; Xoel Otero do Mazí en heptatlón; Leyre Villar do Ourense At. nos 1.500 m., Antía Pernas do Lucus na lonxitude e Manuela Blanco do Ourense At. en pértega.

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …