Rivas supervisa o inicio da campaña de vixilancia e control do cinto de seguridade da DXT

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, supervisou o inicio da campaña de vixilancia e control do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil que desde o luns 11 e ata o vindeiro domingo 17 de marzo pon en marcha a DXT.

Fíxoo nun control na estrada N-550 ao seu paso por Cambre onde chamou a atención sobre o feito de que no ano 2023 perderan a vida en accidentes de turismo e furgoneta un total de 14 persoas, das que 8 non levaban posto o cinto de seguridade no momento do sinistro, o que supón o 57% das vítimas neste tipo de sinistros.

A subdelegada salientou a importancia de levar a cabo estas campañas para concienciar á cidadanía sobre o uso do cinto de seguridade, que “é o salvavidas co que contamos en canto subimos a un automóbil e, nese sentido, todainsistencia é pouca cando se trata de frear o número de mortes nas nosas estradas”, apuntou.

María Rivas lembrou que non levar posto o cinto de seguridade é, xunto coavelocidade e a condución baixo os efectos do alcol, un dos principais factores de risco na estrada. De feito, no centro urbano a posibilidade de resultar ferido grave ou morto é 5 veces menor se leva posto o cinto.

Estes datos son se cabe máis importantes despois dos últimos accidentes mortais rexistrados nas estradas da provincia e de coñecer o dato de que no ano 2023 perderon a vida en accidentes de turismo e furgoneta un total de 14 persoas, das que 8 non levaban posto o cinto de seguridade no momento do sinistro, o que supón o 57% das vítimas neste tipo de sinistros.

Esta taxa é superior á do conxunto da comununidade, onde tamén superou o 50%. Foron 51 as persoas falecidas en accidentes de turismo e furgoneta, das que 26 non levaban posto o cinto de seguridade.

Para a subdelegada, trátase dun dato “alarmante” e recalcou que un dos principais compromisos do Goberno é asegurar que estas campañas cheguen a toda a sociedade para educar e previr en materia de seguridade viaria e así conseguir reducir a cero as mortes en accidentes de tráfico.

Durante a campaña, haberá un importante incremento dos controis nos que a Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto coas Forzas e Corpos de Seguridade, velarán porque todas as persoas ocupantes do vehículo fagan uso adecuado do cinto de seguridade. Ademais, a DXT tamén distribuirá entre todas e todos os condutores uns dípticos nos que se recolle un decálogo de razóns que xustifican o uso do cinto.

A campaña que se desenvolve entre o 11 e o 17 de marzo quere inculcar na poboación a enorme eficacia dos sistemas de retención, tanto en adultos como en menores. Desde a Dirección Xeral de Tráfico advirten de que, a 80 quilómetros por hora, un choque frontal sen levar posto o cinto de seguridadeadoita comportar o resultado de morte ou lesións graves. Nos envorcos, o cinto alcanza a súa máxima efectividade, reducindo ata un 77% o risco de morte.

A subdelegada do Goberno estivo acompañada pola Xefa Provincial de Tráfico, Victoria Gómez e o xefe do subsector de Tráfico da Garda Civil na Coruña, José Corral Segade.

Lea también

Luis Torres Foira, decano do Colexio de Avogados de Ferrol, novo presidente do Consello da Avogacía Galega

A toma de posesión terá lugar o día 10 de outubro de 2025. Luis Torres …