Minuto de silencio ante o Concello de Narón en recordo das vítimas dos atentados do 11M

O voceiro do grupo de goberno, Román Romero, presidiu a convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para gardar un minuto de silencio como mostra do recordo solidario coas persoas falecidas nos atentados do 11-M, como mostra de solidariedade coas súas familias, dos que este 11 de marzo se cumpren 20 anos.

No Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo, gardouse ás 12:00 horas ese minuto de silencio ante a porta principal do Concello de Narón, para recordar ás 193 persoas que faleceron a causa dos terribles atentados de Madrid. Á convocatoria acudiron outros integrantes da corporación local e traballadores do Concello.

Lea también

Apertura en Narón do novo Complexo das Piscinas de Verán do Couto

Os abonos mensuais pódense adquirir desde este mércores nas oficinas do Padroado de Deportes en …