A Comisión de Festas de Naraío, San Sadurniño, organiza un xantar popular

O 2024 volverá vir cheo de celebracións patronais despois de que o ano pasado o calendario festeiro do verán confirmase a recuperación pospandémica. Ferreira foi a parroquia máis madrugadora celebrando en xaneiro o San Vicente e xa hai comisións para a organización de Santa Isabel, en San Sadurniño, do San Pipote en Bardaos, do  Biscordel de Igrexafeita e tamén do San Roque de Naraío.

Esta última organiza para o sábado 16 un xantar popular na pista polideportiva da Veiga que está a piques de pechar as reservas. De feito, este venres 8 é o último día para gardar sitio mercando os tíckets para unha comida abundante que irá precedida de sesión vermú e seguida trala sobremesa de máis música.  Ao final da nota incluímos os teléfonos aos que se pode chamar.

Segundo o programa que leva circulando varias semanas a través das redes sociais, o xantar da Comisión de festas de Naraío 2024, integrada por naturais da Casanova e A Fraguela, comezará sobre as 13:30h coa animación musical do Dúo D’Ases, que ofrecerá un primeiro pase antes de sentar á mesa a iso das 14:30h.

O menú xeral que se servirá a razón de 28€ por persoa está composto por callos, tenreira asada, ensalada, torta da avoa e xeada, viño, refrescos, auga e café. Ademais tamén hai menú infantil para a rapazada de 7 a 12 anos por un prezo de 12€ (menores de 7 anos non pagan) que levará pizza, tortilla, croquetas, nuggets de polo, torta da avoa e xeada, auga e refrescos.

Atendendo ao tempo cambiante que estamos tendo ás portas da primavera, o evento desenvolverase debaixo dunha grande carpa e promete prolongarse ata ben entrada a noite. Para que a cousa non vaia a menos, ademais do dúo, a comisión tamén ten chamado un picadiscos que estire a xornada todo o que queiran/poidan aguantar os corpos.

Para anotarse hai que chamar a algún dos seguintes teléfonos que figuran no cartel anunciador da cita:  676 011 515 (Alberto),  603 420 127 (Noemi), 697 725 117 (Alba), 627 933 617 (Belén) e 647 094 142 (Yoli). Os tíckets tamén se poden mercar na oficina da Cooperativa de Meirás en Naraío. Cómpre non demorarse, xa que este venres é o último día.

Lea también

Escola Museo Vivo da Ramalleira de Valdoviño participa en Portugal en unas jornadas sobre recuperación de memoria escolar

El escritor Antón Cortizas, integrante del grupo de trabajo que impulsa la recuperación del centro …