Inscrición en Narón en dúas clases maxistrais de guitarra e piano

O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, informou da apertura do prazo de inscrición en dúas clases maxistrais que se celebran a través da Escola de Música Moderna na Casa da Mocidade, na Gándara.

Una delas será sobre guitarra e corre a cargo de Tony Torres e a outra, de piano, imparte Fran Rey. O prazo de inscrición na de piano permanece aberto ata o día 13 deste mes, se ben para anotarse na clase de guitarra haberá que facelo dende o 12 ao 20 deste mes, tal e como explicou Santalla.

En ambos casos diríxense a mocidade de Narón de entre 12 e 45 anos. O músico Fran Rey, cunha longa traxectoria, impartirá a clase maxistral de piano o día 15 deste mes, de 19:00 a 21:00 horas na Aula de Ensaio da Casa da Mocidade.

Rey acompañou a artistas como Cristina Pato, Rosa Cedrón, Andrés Suárez… e impartirá unha clase baseada en diferentes estilos musicais, facendo un repaso dende as súas orixes no blues, soul, jazz… ata a actualidade.

En canto á clase maxistral de piano, será Tony Torres, o guitarrista de Malditos Pendejos, o encargado de explicar o método que emprega para impartir as súas clases, falando sobre a guitarra e todas as posibilidades que ofrece. A clase será o 22 de marzo, de 18:30 a 20:30 horas na Aula de Ensaio da Casa da Mocidade.

A inscrición nestas clases maxistrais é de balde, tal e como recordou Santalla, que animou a que o colectivo ao que se dirixe se inscriba nas mesmas.

Lea también

El Club Arco Narón participa en el III Gran premio de España (GP Villa de Madrid)

La representación del Club Arco Narón corrió a cargo de la joven arquera Laura Matesanz …