A EOI de Ferrol celebra a súa semana de xornadas culturais do luns 11 ó xoves 14 de marzo

O obxectivo das xornadas da Escuela Oficial de Idiomas (EOI) é fomentar o uso das linguas de estudo fóra das aulas e así ter unha escola máis viva e dinámica á vez que o alumnado pode achegarse á cultura dos diferentes países.
 
Nesta semana haberá unha festa do té, un concerto didáctico, un obradoiro de cociña francesa, unha obra de teatro seguido dunha conversa cos actores, unha degustación multicultural, un almorzo brasileiro, un concerto en portugués, a presentación do libro de Leandro Lamas e un obradoiro de debuxo co mesmo, karaoke en italiano,  un obradoiro de cociña italiana, unha clase de baile e a proxección dun filme alemán coa conexión en directo co actor principal, entre outras actividades.
 
Tamén é de interés as charlas, presentacións de libros, degustacións, concertos, concursos, obras de teatro, filmes, obradoiros de cociña, etc. que organizarán os departamentos das sete linguas que se imparten na escola.
 
Alén diso, o alumnado recibirá un boleto en cada actividade que participe para o sorteo dunha gran cesta de productos multiculturais, polo que en cantas máis actividades participen, máis posibilidades terán de gañala.
 

Enlace do Díptico EOI

Lea también

O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia …