O Campus Industrial de Ferrol acolle as xornadas sobre asesoría científica e xestión pública

O vicerreitor de Investigación e Transferencia, Jerónimo Puertas Agudo, inaugura este xoves 7 de marzo, ás 09:40 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, as xornadas sobre O Papel dos Expertos: Asesores Científicos e Xestión Pública que organiza o Centro de Investigación en Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía (CIFCYT) da Universidade da Coruña en colaboración coa Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España.

Estará acompañado polo coordinador das xornadas, o catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González.

Ao longo do xoves 7 e venres 8 de marzo achegaranse ata o Campus Industrial de Ferrol o catedrático de Filosofía na Universidade de Bielefeld (Alemaña), Martin Carrier; o catedrático de Filosofía, Lóxica e Método Científico da London School of Economics (Reino Unido), Richard Bradley; a catedrática de Ética Médica no Weill Cornell Medicine de New York (Estados Unidos), Inmaculada de Melo Martín; o catedrático emérito de Lóxica e Filosofía da Ciencia na Universidade Autónoma de Madrid (España), Javier Ordóñez, e a catedrática emérita de Lóxica e Filosofía da Ciencia da Universidade Autónoma de Barcelona (España), Anna Estany.

Programa das xornadas sobre O Papel dos Expertos: Asesores Científicos e Xestión Pública https://easycdn.es/4/i/folleto-el-papel-de-los-expertos-esp_19402_m2.pdf

Máis información:  https://cifcyt.udc.es/

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …