Os locais sociais do Couto e Castro en Narón acollen sesións dos Consellos Territoriais

Os Consellos Territoriais continúan desenvolvéndose esta semana no termo municipal. Así o recordou a edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, que explicou que ao xa celebrado a pasada semana en Doso, que abriu este programa, se suman o que se levou a cabo o luns 4 no Couto, 19:00 horas, e o deste xoves 7 en Castro, 19:00 horas, en ambos casos nos seus respectivos locais sociais.

As xuntanzas, abertas á participación de todas as entidades que están inscritas no rexistro municipal con domicilio no barrio ou parroquia no que se celebren, continuarán ata finais deste mes na zona urbana e rural da cidade.

A vindeira semana celebraranse os de San Xiao, o luns 11, 19:00 horas no local social ; e o Alto, o xoves 14, 19:00 horas no local social de Chafarís.

Os vindeiros Consellos Territoriais celebraranse en San Mateo, o día 18; Sedes, o día 21, en ambos casos ás 19:00 horas nos locais sociais de cada unha destas parroquias.

No mes de abril continuarán celebrándose en Xuvia, o día 4; na Gándara o día 8; en Santa Icía-A Solaina o día 10 e en Piñeiros o día 15, tamén todos ás 19:00 horas nos locais sociais. Na xornada do 18 de abril programouse o de Pedroso, que comezará ás 18:00 horas no local social da Pombiña e os dous últimos serán os de Freixeiro, o día 22 e O Val, o día 29; a partir das 19:00 horas no local social de Virxe de Fátima e do Val respectivamente.

A edil de Participación Cidadá convidou ás entidades ás que se dirixen a acudir a estas convocatorias, co fin de analizar conxuntamente a situación das parroquias e barrios da cidade.

Lea también

Club Arco Narón participa en el trofeo 35º Aniversario del Club Boa Vila

Este pasado sábado se ha celebrado en Pontevedra el Trofeo 35º Aniversario del club Boa …