A Deputación colabora co Club do Mar de Mugardos na adquisición de embarcacións e material deportivo

O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, xunto co alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e membros da corporación municipal, visitou o Club do Mar de Mugardos, onde se interesou polo funcionamento da entidade e as súas necesidades de cara a ao futuro.

O Club do Mar de Mugardos é unha das máis de 600 entidades que a Deputación apoia a través das súas liñas de axudas para o deporte. En concreto, a institución provincial concedeulles máis de 17.000 € nos últimos dous anos para investimentos en novas embarcacións, remos, unha zodiac a motor, así como material de adestramento e competición.

Ademáis, Leira anunciou que a entidade é unha das beneficiarias das furgonetas que a Deputación financia para clubs coma este, que precisan desprazar material e un número importante de deportistas para as súas competicións.

Leira gabou o importante traballo que desenvolve o Club do Mar de Mugardos e destacou o apoio da Deputación as deporte do remo e ao deporte de base na provincia. Un apoio que se plasma en programas como o de contratación de técnicos deportivos nos concellos, que beneficiará a 67 municipios coruñeses este ano, entre eles Mugardos, cun investimento de 904.000 euros.

O deputado sinalou que se trata dun programa que “contribúe de maneira directa á xeración de 67 empregos noutros tantos municipios da provincia” e, ademais, “facilita a realización de programacións deportivas con actividades variadas e estables, promovendo a práctica do deporte e a actividade física entre os veciños e veciñas de todas as idades nos concellos da provincia”.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …