Dobre cita co teatro na Agrupación Instrutiva de Caamouco

Fin de semana de teatro na Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC coa estrea da Tenencia Teatro e pase especial das Rumorosas

Foto AIC Imaxe de arquivo de dous actores da Tenencia Teatro nunha representación da obra anterior

Este sábado 2 A Tenencia Teatro, grupo da entidade que dirixe Eugenia Sanmartín, estrea a súa quinta obra: ‘Unha rosa é unha rosa (unha comedia de medo)‘. Trátase da adaptación do texto de Suso de Toro, unha traxicomedia onde se mestura o humor coa intriga, ofrecendo ao público unha áceda reflexión sobre a sociedade contemporánea.

Foto AIC Imaxe de arquivo de dous actores da Tenencia Teatro nunha representación no Pazo do Piñeiro

A estrea de ‘Unha rosa é unha rosa (unha comedia de medo)’ terá lugar este sábado ás 19:00 horas, logo de intensos meses de traballo por parte do grupo, composto nestes momentos por dez actores.

O domingo 3  tamén ás 19:00 horas, será a quenda de Maquinarias Teatro. O grupo fará un pase especial da obra ‘Quen din as rumorosas’. Trátase dun ensaio xeral aberto ao público dunha comedia que convida á reflexión sobre como ser artista e muller. Este pase especial en Caamouco parte grazas da colaboración entre o grupo teatral e a Agrupación Instrutiva que, durante as últimas semanas, cedeu o seu escanario á compañía para os seus ensaios.

Tanto o sábado como o domingo, as representacións son de balde e de acceso libre.

Lea también

Festea, teatro de objetos y títeres, regresa a Ferrol

El Ayuntamiento de Ferrol, a través de la concejalía de Cultura y con la dirección …