Apertura en Narón do prazo de matrícula nas tres escolas infantís municipais

A concelleira de Ensino Olga Ameneiro anunciou que este venres 1 de marzo, abre o prazo de matrícula nas tres escolas infantís municipais: A Solaina, A Gándara e Piñeiros.

As tramitacións para o curso 2024-2025, tal e como informou, poderanse realizar ata o 20 de marzo (incluído) no Concello, a través do Rexistro municipal, de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas, ou na Sede Electrónica.

A edil naronesa recordou que o Concello ten habilitada a páxina web: buscocole.naron.es, unha ferramenta a través da que se ofrece información sobre todos os centros educativos, públicos e concertados, de referencia na cidade, en función dos domicilios e idades dos menores.

Os centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros ofrecen ás familias servizo de madrugadores, almorzo, comedor, sestas e merenda.

Lea también

El BNG exige al Gobierno parar el desahucio de una familia en un edificio de la Sareb en Narón

El diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego, ha pedido este sábado al Gobierno …