Fene acolle unha nova edición da Liga Galega Rías Altas de Judo

Ao redor de cincocentos judokas da Coruña, Lugo e Asturias tomarán parte este sábado 2  no pavillón de San Valentín, Fene, nunha nova edición da Liga Galega Rías Altas de Judo.

A xornada celebrarase en horario de mañá (de 9:30 a 13:30 h) e de tarde (de 15:30 a 21:30 h) e competirán deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e senior, tanto masculino como feminino.

Ademais, o domingo 3 a instalación deportiva fenesa será o escenario dunha quenda de exames de paso de cinturón entre branco e verde (branco – amarelo – laranxa e verde). Exames aos que se inscribiron unhas cento cincuenta persoas e que terán lugar de 10:15 a 12:30 h.

Horario Liga Galega Rías Altas (02.03.24)
Xornada de mañá
◦ 8:00 h: Apertura de instalación á Organización
◦ 8:30 h: Apertura do pavillón
◦ 8:45 h: Pesaxes no ximnasio de zumba
◦ 9:30 h a 13:30 :
▪ Competición das categorías infantil, cadete e benxamín
▪ Entrega de medallas aos primeiros clasificados de cada categoría segundo vaian
rematando as competicións ao longo de toda a mañá.

Xornada de tarde
• 14:45 h: Apertura portas pavillón para a xornada de tarde
• 15:00 h : Pesaxes no ximnasio de zumba
• 15:30 a 17:15 h : Competición categoría alevín
▪ Entrega de medallas aos primeiros clasificados da categoría alevín segundo vaian rematando as competicións.
• 17:15 a 17:45 h: quecemento categoría senior
• 17:45 a 20:30 h : Competición categoría senior
• 21:30: Peche

Horario exames para paso de cinturóns (03.03.24)
◦ 9:30 h: Apertura de instalación á Organización para preparar o espazo (exames en 3 tatamis)
◦ 9:50 h: Apertura do pavillón
◦ 10:15 a 12:30: Exames
◦ 14:00 h: Peche

Lea también

Máis de 100 caniches de todo o Estado danse cita en Fene na II Canichada de Galicia

110 cans de raza caniche están apuntados para participar na “II Canichada de Galicia”, que …