O CIM de As Pontes rexistrou en 1520 consultas en 2023

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de As Pontes rexistrou, durante o ano 2024, 1.520 consultas, cifra que se traduce en máis de 250 mulleres atendidas.

Un total de 187 consultas corresponderon á área xurídica e 1.276 á área psicolóxica, contabilizándose asi mesmo 19 consultas relacionadas coa violencia de xénero, cinco consultas de orientación laboral, outras cinco sobre actividades organizadas polo Concello, 24 sobre recursos e finalmente catro sobre outras cuestións.

No caso da área xurídica, a maior parte das consultas estiveron vencelladas co dereito de familia (réxime económico matrimonial, divorcios, unións extramatrimoniais) e o dereito civil (herdanzas e sucesións, vivenda, alugueiro ou incapacitacións).

As consultas relacionadas cos permisos de residencia, a cualificación da discapacidade ou as condicións laborais tamén ocuparon un lugar destacado xunto coas consultas relacionadas coa violencia de xénero e a prestación de xustiza de balde.

Polo que respecta á área psicolóxica, a atención prestada centrouse en terapias e seguimento psicolóxico, tanto individuais como en grupo, terapias coa parella así como na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.

O traballo desta área estivo encamiñado a realizar un diagnóstico da situación persoal das usuarias e facer un seguimento personalizado para, desde diferentes ámbitos, ofrecer solucións aos problemas polos que acudiron ao CIM, ofrecéndolles unha intervención integral.

O servizo, no que actualmente traballan unha psicóloga e unha avogada e que durante este ano contou co respaldo dunha axente de igualdade, ten como obxectivo prioritario a promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero e así, xunto coa atención directa, polo que, ao longo de todo o ano, desde o CIM puxéronse en marcha diferentes actividades informativas e formativas de cara á sensibilización da veciñanza no principio de igualdade e a prevención da violencia de xénero en todos os ámbitos.

Entre a trintena de actividades promovidas e apoiadas polo CIM tamén destacan a posta en marcha as campañas de promoción da igualdade con motivo do 25 de novembro e o 8 de marzo, a instalación de puntos lilas tanto nos centros educativos como en diferentes espazos públicos da vila, a organización dun obradoiro sobre a detección e intervención con mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero, centrado en claves culturais, un obradoiro de biodanza, outro sobre corpo e movemento, un obradoiro sobre arte e autocoidado, un obradoiro de fotografía.

Ademais, durante o ano 2023 o CIM tamén traballou na elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal, organizou diversos encontros da Rede pola Igualdade das Pontes así como da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional conta a violencia de xénero e puxo en marcha tamén diferentes actividades formativas e culturais dirixida ao alumnado dos centros educativos do municipio.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …