Psoe Ferrol reclama solución inmediata para a sociedade mixta de turismo

O grupo municipal socialista levará ao pleno de fin de mes unha moción na que insta ao goberno local de José Manuel Rey Varela a «poñer solución de forma inmediata á situación irregular que ten a sociedade mixta de turismo, sen xerente dende o pasado 9 de xaneiro, e ás dúas oficinas municipais, situadas no porto (de atención ao peregrino) e na praza de España, sen contrato dende o 1 de xaneiro»

Para os socialistas, esta situación “anómala e totalmente inaceptable”, amosa o “escaso, ou nulo,
interese que ten o Partido Popular no sector turísitico como elemento diversificador da nosa economía local”, o que, segundo consideran, “supón tamén un parón a uns anos de moito traballo; de definición das liñas estratéxicas e da posta en valor dos nosos recursos”.

«Pero, ademais, o goberno local, unha vez máis, se está a comportar con total oscurantismo, xa que “malia as numerosas ocasións nas que se solicitou nas comisión informativas”, non se ten achegado información ningunha acerca destes dous temas»

No caso da xerencia da sociedade mixta de turismo, hai que lembrar «que foi a principios do pasado mes de outubro cando o consello de administración aprobaba o cese da entón xerente, “e xa entón, malia amosar o noso apoio á proposta, reclamamos participar no proceso de de decisión non só da nova ou novo xerente, senón no propio futuro da sociedade”, sen obter resposta»

O cese fíxose efectivo aos tres meses, o 9 de xaneiro, “e nin antes nin agora soubemos nada ao respecto, agás que a sociedade non conta con persoal, posto que a xerente era a única que a integraba, e que a concelleira da área nos dixo en comisión que as tarefas da xerencia as está desenvolvendo ela porque, en palabras literais, non é allea ao sector”.

Con respecto ás dúas oficinas de turismo, «a situación é similar»

«O pasado 31 de decembro remataba o contrato, establecido por seis meses para traballar nese período nun novo prego que estivese vixente durante máis tempo, que supuxese o inicio do contrato coincidindo co comezo do ano e que subrogase aos traballadores, acordos aos que chegou o anterior goberno coas persoas que traballan en ditas oficinas», e “despois de seis meses de contrato e de case dous meses máis sen el, a única realidade é que este servizo se está levando a cabo mediante a presentación de factura a mes vencido”, aseguraron dende o PSOE ferrolán. “E tampouco temos coñecemento dos pregos nin, por suposto, do seu contido, que temos pedido en varias comisión”, engadiron.

Por todo iso, o grupo socialista solicita do grupo de goberno «unha solución urxente, pero tamén dialogada co sector e consensuada cos grupos da oposición»

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …