Un incendio nun vehículo en Narón precisa da intervención do SPEIS

Os bombeiros do SPEIS recibiron unha alerta ás 23:58 horas do luns 27 polo incendio dun vehículo na rúa San Benigno, no barrio de Piñeiros en Narón
 
 
Á súa chegada ao punto, atopáronse cun coche ardendo na súa totalidade, un Peugeot 3008. O incendio non afectou a outros vehículos nin a edificios ou mobiliario urbán. 
 
Os profesionais do SPEIS mobiliaron unha bomba urbana lixeira e outra nodriza lixeira, procedendo á extinción do lume con auga e escuma. O vehículo estaba estacionado na rúa.

Lea también

Narón renova o firme de máis de vinte camiños municipais nunha decena de parroquias cun investimento de case 764.000 euros

As obras abranguen a repavimentación e reforzo de rodadura. A actuación de maior contía renova …