Narón celebra a “III Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage”

A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou a terceira edición da “Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage” que organizan o Concello de Narón e a Asociación Ferrol Vello.

A edil naronesa avanzou que o evento se desenvolverá os días 9 e 10 de marzo nas instalacións do pavillón da Mocidade, na Gándara. Un total de 31 postos ofrecerán aos visitantes unha gran variedade de produtos antiguos durante as dúas xornadas.

Anticuarios procedentes de diferentes concellos galegos e tamén chegados de Asturias, Castela León, do País Vasco e de Portugal traerán artículos que se poderán adquirir neste evento. As persoas que o desexen poderán achegarse os dous días, en horario de 10:00 a 14:00 e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas. Mobles, moedas, libros, artículos de decoración, pezas artesás, discos, ferramentas, apeiros de labranza… forman parte dos milleiros de obxectos que se porán á venda, tanto para afeccionados como para coleccionistas que desexen achegarse ao evento.

“O ano pasado, debido á exitosa acollida, celebramos dúas edicións desta feira, que cada vez é máis coñecida tanto entre o colectivo de anticuarios como entre aquelas persoas afeccionadas ás antigüidades de Narón e doutros concellos”, apuntou Gómez.

A concelleira destacou tamén que nesas edicións “a convocatoria resultou ser tamén todo un éxito en vendas para os participantes na mesma” e agradeceu a implicación da Asocación Ferro Vello, “por traballar co Concello para manter no noso calendario de feiras este evento, cunha excelente acollida”.

A concelleira naronesa animou aos afeccionados ás antigüidades a achegarse os días 9 e 10 á cidade para acudir a este evento, con entrada de balde.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …