Este xoves 29 de febreiro o salón de actos do Ateneo Ferrolán acolle as V Xornadas de Documentación.
Programa
17.00 Inauguración
José Antonio Ponte Far, concelleiro de Cultura de Ferrol. Xabier Montero Dongil, presidente do Ateneo Ferrolán. Fernando Rivera García, bibliotecario do Ateneo Ferrolán.
17.30 Conferencia
A biblioteca do Centro de Formación e Recursos de Ferrol Por Manuel Losada Cabanas, director do CFR Ferrol.
18.15 Conferencia
A biblioteca do CPI de San Sadurniño . Por Marta Díaz Tie, membro do equipo da biblioteca.
19.00 Conferencia
A biblioteca «José Fontenla Leal» do Conservatorio Profesional de Música «Xan Viaño». Por Águeda Guitérrez Escudero, responsable da biblioteca.
19.45 Conferencia
Unha biblioteca para a Formación Profesional: CIFP Ferrolterra. Por Juan Casal Mera, profesor de Electrónica e ex–coordinador da biblioteca.
20.30 Coloquio
Modera Beatriz L. Miragaya, coordinadora das xornadas.
Inscrición Non é precisa inscrición. A asistencia é libre e gratuíta, até completar o aforo do salón de actos.
Diploma
As persoas interesadas en obter o diploma de asistencia ás xornadas teñen que escribir a: biblioteca@ateneoferrolan.org indicando nome completo e apelidos, e número de documento de identidade antes do día 29 de febreiro de 2024. É imprescindíbel asinar as follas de control ao comezo das sesións para verificar a asistencia efectiva do interesado
Rexistro sonoro
O programa de conferencias das edicións anteriores, e os arquivos de son coa gravación das xornadas, están dispoñibles no repositorio dixital da Biblioteca- Hemeroteca do Ateneo Ferrolán no Internet Archive:
I edición (2013). Arquivos e bibliotecas na preservación do patrimonio local.
Il edición (2015): Arquivos para a cidadanía. Arquivos da cidadanía.
III edición (2016): Bibliotecas especializadas: Experiencias.
IV edición (2017): Medios de comunicación social. Medios sociais.
Sobre as #xornadasDOC
As #xornadas DOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan arquivos, bibliotecas e centros de documentación en Ferrolterra.