O BNG conmemora o Día de Rosalia e critica ó rexidor por votar en contra do galego

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol conmemora o 23 de febreiro, o Día de Rosalia cun acto na praza de Rosalia, no barrio de San Xoán, ás 17:30 horas coa que pretende «honrar á memoria da poeta e reivindicar a defensa da nosa lingua fronte a quen pretende negarlle dereitos como o alcalde desta cidade que vota en contra de recoñecer a igualdade da nosa lingua nas administracións do estado e o seu uso normalizado no Senado»

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, sinala que «tristemente e unha vez máis o alcalde desta cidade e senador autonómico; Jose Manuel Rey Varela, volveu a darlle as costas a nosa lingua e votou, onte mesmo, en contra da reforma do regulamento do Senado para a integración total das linguas oficiais, o galego, como acontece no Congreso»

Para o BNG «o goberno local de Ferrol co seu alcalde a fronte volve amosar o seu carácter diglósico e volve a evidenciar que consideran a lingua galega como unha lingua de segunda negándolle o sitio que lle corresponde e negando o seu uso en igualdade de condicións co resto de linguas oficiais»

«É por isto que o BNG aproveitará a xornada de mañá como ven facendo nos últimos anos para enxalzar a figura de Rosalía de Castro, para reivindicar a nosa lingua e para esixir ao goberno local de Ferrol dignidade e respecto para a nosa lingua e que faga cumprir a ordenanza municipal de normalización lingüística tanto no día a día do concello como no resto de servizos que presta»

Lea también

60 multas en Ferrol en la última campaña de vigilancia de perros

El incivismo de los propietarios le ha salido caro a algunas personas en Ferrol, con …