O salón de recepcións do Concello de Ferrol acolle este venres 23 a partir das 13:00 horas, a lectura de textos da destacada poetisa
O día 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro e, para conmemorar esta efeméride, na xornada de mañá, alumnos do IES Carvalho Calero, xunto con entidades sociais, culturais e veciñais e membros da corporación procederán a ler fragmentos das obras máis significativas da autora de Cantares Gallegos.
Rosalía de Castro é recoñecida como unha das figuras máis importantes da literatura en lingua galega e unha pionera na reivindicación da identidade galega.
A súa obra reflicte unha profunda sensibilidade e compromiso social, abordando temas como a natureza, a melancolía, o amor e a inxustiza. Rosalía de Castro converteuse nunha voz valente que desafiou as normas da súa época e loitou pola igualdade e os dereitos das mulleres.
Está considerada coma unha das creadoras da poesía moderna, xunto con Bécquer, e foi a maior impulsora do seu tempo da poesía en lingua galega.